Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Frades agradece a colaboración da veciñanza, que duplicou as doazóns de alimentos para familias necesitadas


O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, valora moi positivamente o resultado da terceira campaña de recollida de alimentos realizada en Frades entre o 9 de decembro e o 9 de xaneiro, que permitiu reunir máis de oitocentos quilos de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio. Ferreiro Marzoa agradeceu “a colaboración de Cáritas, CPI Ponte Carreira, Cooperativa Central de Frades, farmacia de Abellá e aos supermercados Loli, Claudio e Tandy pois coa súa axuda e, sobre todo, grazas á gran participación e solidariedade dos veciños e veciñas de Frades, conseguimos que case se duplicaran as achegas de alimentos con respecto a anos anteriores”.

E é que tras o éxito das dúas primeiras recollidas, nas que se superaron os 400 quilos de alimentos, nesta terceira ocasión se duplicaran os puntos de recollida de alimentos grazas á colaboración das empresas e establecementos hostaleiros do municipio. Unhas achegas que foron recollidas esta mañá por María Aurora e Mari Luz, colaboradoras en Frades de Cáritas, entidade que se encargará de facer chegar estes alimentos básicos (leite, aceite, azucre, pasta, legumes, conservas…) ás famlias máis necesitadas do municipio.